María del Carmen García Cabezas

S. XX

Filla de Carlota Cabezas Carlés e de Francisco García Feijóo, María del Carmen naceu cega. Porén, puido estudar e mesmo chegou a ser mestra do “colegio de sordomudos”. En 1929, sendo alumna do colexio rexional de “ciegos” de Santiago de Compostela, publicou na prensa unha carta sobre cegueira con motivo do seu recente nomeamento como delegada da Federación Nacional de persoas cegas pola provincia de Pontevedra. Ao ano seguinte, realizou unha solicitude para ser profesora dese centro, onde impartiu clases de ensinanzas xerais. Xunto co pontevedrés José María Acuña, foron as dúas persoas invidentes nomeadas en 1930.

Autoría: Etnoga

Biografía de María del Carmen García Cabezas

Descargar

Biografías Relacionadas