- Biografía
- Audios
- Videos
Leonor da Fonte (Pontevedra-1652). Casada con Bartolomé Infante, mareante de Pontevedra, foi acusada de exercer como bruxa e adiviña. Diversas testemuñas compareceron ante o tribunal, asegurando que procuraba remedios ás enfermidades e celebraba cerimonias supersticiosas. Confiscáronlle os bens, estivo presa nos cárceres secretos de Santiago e foi sentenciada na misa maior a saír ao estrado coas insignias de bruxa, a abxurar de levi e a percorrer as rúas seguida polo verdugo, que lle deu cen azoutes, para escarnio público.
Foi finalmente desterrada de Santiago, Madrid e Pontevedra durante dous anos.
Autora: María Xesús López Escudeiro
Biografía de Leonor da Fonte
Descargar
Biografías Relacionadas