- Biografía
- Audios
- Videos
María Victoria Moreno estreouse como mestra no Instituto Feminino de Pontevedra en 1963, o ano da súa chegada á cidade, na que acabaría xubilándose tras breves periplos en Lugo e Sanxenxo. Era catedrática en Lingua e Literatura Española e non había actividade que lle gustase tanto como dar clase, pero foi a súa faceta como escritora a que lle deu sona e que a fixo máis que merecedora de ser a persoa homenaxeada no Día das Letras Galegas 2018.
Foi especialmente meritorio na súa traxectoria o feito de que elixise o galego para a escrita sendo cacereña de nacemento, sen ter contacto coa nosa lingua ata a idade adulta. Tamén que a meirande parte da súa literatura estivese dirixida á mocidade, puxando así polo seu uso nas xeracións seguintes.
Cando chegou a Galiza xa escribira a súa primeira novela, Alcores de Donalvar, que se publicou en galego tras a súa morte co título Onde o aire non era brisa. Mar Adentro, Guedellas de seda e liño ou Diario da luz e da sombra son outros títulos da súa autoría pero, sen dúbida, é Anagnorise o seu libro máis recoñecido e o máis traducido.
Tamén existe o libro sobre María Victoria Moreno, O Escalón de Ulises.
Autora: Montse Fajardo
Descargar