Pertenceu á sección de declamación do Liceo Artístico e Literario de Pontevedra, participando en outubro de 1858 na comedia en tres actos Verdades amargas, de Luis de Eguílaz. Foi nai da escritora Sara Escarpizo e irmá do xornalista Emilio Couto.
No ano 1914, Lola Corbal fai unha actuación de piano na "Juventud Antoniana". O seu nome tamén aparece a carón do de María Pardo Trapote no coro "Hijas de María" do mestre Taboada.
En 1924 formou parte dunha compañía de afeccionadas xunto con Margarita Berbén e Fefa Sandoval. No ano 1933 casou con Valentín García Prieto, copropietario do salón Coliseum...
En 1880 actuou na Exposición Rexional de Pontevedra tocando co seu irmán Mariano. Segundo se recollía na prensa da época, era unha pianista cuxo mérito eclipsaba a súa modestia...
Criada nun ambiente familiar entre bastidores, Mirian é filla da tamén pintora Emma Vilanova. En Pontevedra recibiu clases de pintura da man do profesor Rafael Úbeda, completando a súa formación...
En 1895, Aurita Calvo formou parte dunha compañía de teatro infantil creada pola actriz Luísa Abella. Así, actuou na obra "Oros, copas, espadas y bastos" xunto coas irmás Agripina e Peregrina...
En 1916 participou na película Miss Ledya, primeiro filme de ficción galego dirixido por José Gil. Ademais formou parte dunha compañía de afeccionadas e participou en diferentes festivais...
Aínda que Carmen Bethencourt López naceu en Madrid, é filla da creadora pontevedresa Luz López Fernández e irmá do profesor de danza Agustín. Aprendeu música da man...
En 1916 participou na película Miss Ledya, considerado como o primeiro filme de ficción galego, dirixido por José Gil. Ademais, formou parte dunha compañía de afeccionadas...
Aínda que era natural de Ourense, adoitaba pasar temporadas en Pontevedra coa familia da súa nai, Matilde Cordal Martínez. Ademais, o seu pai, Luis Barrio Palenciano, foi administrador...