- Biografía
- Audios
- Videos
Peregrina era irmá do militante comunista e dirixente da Sociedade Agraria de Salcedo, Manuel Montes Acuña, e converteuse no seu principal apoio durante os tres anos que, tras o golpe de Estado, pasou fuxido no monte ou oculto na casa materna que daquela, tras a morte da nai e do pai, xa ocupaba Peregrina, a filla máis vella. Ás veces metíao no faiado e outras nun bocoi de viño partido pola metade que tiña na bodega.
Cando estaba no monte, nas covas do Fortilleiro ou da Peixosa, tamén era Peregrina a que arriscaba a vida indo ás agachadas do resto da familia, por temor ás delacións. Só ela sabía onde andaba e co medo no corpo ía levarlle comida ou lavarlle a roupa de noite, cando ninguén a miraba. Pasados tres anos, Manuel abandonou o agocho e non chegou a ir preso.
Autora: Montse Fajardo
Descargar