- Biografía
- Audios
- Videos
Rosa Domínguez era a viúva de Urbano Sanmartín Abilleira, veciño de Mourente finado nos campos de exterminio nazis. Polo historiador Xosé Álvarez Castro sabemos que, como outros veciños da parroquia, emigrara a Cuba e no momento do golpe de Estado residía en Lleida. Tras a derrota do bando republicano exiliouse en París e durante a Segunda Guerra Mundial, en concreto o 19 de xullo de 1940, foi detido e levado a un Stalag de Polonia. Denominábanse así os campos de traballo controlados polos militares que, ao contrario que os SS, permitían as visitas de familiares. Rosa perdeulle a pista cando o 21 de xaneiro de 1941 foi trasladado xunto a varios brigadas españois ao campo de concentración de Mauthausen.
Pola documentación estudada por Álvarez Castro sabemos que un ano despois foi levado a Gusen e alí finou o 24 de novembro de 1942.
Rosa non tivo confirmación oficial da súa morte ata 1974 e grazas a que non deixou nunca de pelexar por coñecer a verdade.
Ela e Urbano tiñan un fillo, Jesús Sanmartín Domínguez, que formou parte da guerrilla antifranquista e foi detido nun enfrontamento coas autoridades golpistas a mediados dos anos 40. Tras a súa detención, foi condenado a 12 anos e un día.
Autora: Montse Fajardo
Esta é unha biografía resumida, a completa pódese encontrar no PDF descargable.
Descargar