- Biografía
- Audios
- Videos
Cando foi do golpe de Estado, Francisca estaba embarazada do seu mozo, Pastor Bermúdez. Como era de esquerdas, Pastor agochouse uns días xunto ao seu irmán e non lle pasou nada. Pero os falanxistas foron a por Francisca, tivérona dous días no cuartel dos cívicos, rapárona e tatuáronlle a pel.
A súa filla, Rosario Bermúdez García, conta que sempre choraba cando o lembraba. E que máis alá da ideoloxía do seu compañeiro, culpaba das vexacións sufridas ao dono da fábrica de gasosas na que traballaba. Estaba convencida de que fora unha vinganza por desoír as súas insinuacións e, a pesar diso, tivo que seguir empregada alí, aínda que xamais volveu ser molestada.
Por máis que Francisca sempre falou do que lle pasara, Rosario asegura que a marcou moito, que ata que non lle creceu o pelo andou cun pano, e que nunca foi capaz de falar daquelas dúas noites no cuartel sen verter bágoas.
Autora: Montse Fajardo
Esta é unha biografía resumida, a completa pódese encontrar no PDF descargable.
Descargar