Efigenia Novás Solla

Na década de 1910, Efigenia participou en varias obras de teatro da “Sociedade Artística” como tiple cómica no cadro de declamación, revelándose en 1914 en Santiago como “notable artista”. Estudou na Normal de Pontevedra e no ano 1924 foi nomeada mestra interina en Pontecaldelas. Despois do seu casamento con Antonio Medal, continuaron as súas actuacións, algunhas en conxunto, aínda que en menor medida, probablemente por mor do seu traballo e destinos. En setembro de 1936 foi suspendida do cargo cando exercía en Silleda.

Autoría: Etnoga

Biografía de Efigenia Novás Solla

Descargar

Biografías Relacionadas