- Biografía
- Audios
- Videos
Figura como residente en Madrid na Residencia de Señoritas, vencellada á Institución Libre de Enseñanza e fundada en 1915 pola Xunta para a Ampliación de Estudos, para facilitar o acceso das mulleres aos estudos medios e universitarios.
Durante os anos 1920 e 1921, Raquel Lesteiro estudou Filosofía e Letras. Máis tarde preparou oposicións ao corpo de arquivos e bibliotecas e colaborou na sección de Estudos Hispanoamericanos do Centro de Estudos Históricos creada por Américo Castro.
En 1935 foi destinada ao arquivo da Delegación de Facenda en Pontevedra e posteriormente acadou a dirección do Arquivo Provincial de Pontevedra.
Autora: Mª Xesús López Escudeiro
Biografía de Raquel Lesteiro
Descargar
Biografías Relacionadas