María del Carmen Vázquez Prats

Filla da pontevedresa María del Carmen Prats e do ourensán Alfonso Márquez Veloso, “Carmucha” naceu en Pontevedra o 5 de novembro de 1934 na casa da súa avoa materna, Ana. Polo destino do seu proxenitor, ferroviario, aos cinco anos marchou vivir para Benavente e aos 13 instalouse en Ourense, onde reside. Iniciada no debuxo e na pintura desde moi nova, tamén tocaba o laúde co seu pai e irmáns. En 1956 converteuse en discípula de Luciano Cárcamo, sendo máis tarde profesora adxunta de debuxo dos institutos Otero Pedrayo e Blanco Amor, de pintura nos Maristas e de manuais na Normal, ademais de traballar corenta e oitos anos na administración. A súa primeira mostra realizouna en 1958, acadando ao ano seguinte o primeiro premio de pintura na exposición da “Obra Sindical Educación y Descanso” coa obra “Flores”. Logo, as súas obras foron chegando a mostras en Santiago, A Coruña, Santander, Salamanca, Madrid e mesmo Austria, Bélxica, México, tendo unha importante parte mercada por coleccionistas. Traballa o óleo con pincel e con espátula. Máis información na súa páxina web http://vazquezprats.com/

Autoría: Etnoga

Biografía de María del Carmen Vázquez Prats

Descargar

Biografías Relacionadas