- Biografía
- Audios
- Videos
Natural de Cangas do Morrazo, Lina formou parte da escola linoleísta de Pontevedra, creada por Castelao despois dunha estanza en Alemaña grazas a unha bolsa da Xunta da Ampliación de Estudos. Os inicios e evolución desta escola poden seguirse a través dos gravados en Spes. Revista de Acción Católica. Lina comezou a colaborar nesta publicación pontevedresa na súa segunda etapa. No uso desta técnica destacaron tamén os seus irmáns, Tomás e Jose Luís.
Autoría: Etnoga
Biografía de Lina González Arís-Bolívar
Descargar
Biografías Relacionadas