- Biografía
- Audios
- Videos
A súa estancia en Pontevedra debeu acontecer entre 1907 e 1909, anos en que o seu pai estivo destinado como administrador da aduana. En datas moi temperás, Celeste Seguí comezou a destacar pola súa arte pictórica, expoñendo no mes de agosto de 1907 no escaparate do comercio de Olmedo. Os seus cadros, dous óleos con flores e froitas, mereceron destacados eloxios pola calidade artística das creacións dunha nena que apenas chega aos 12 anos. Ao ano seguinte expuxo na Sociedade Económica, onde foi alumna de Benigno López Sanmartín e compañeira de María; e en 1909 faino na Exposición Rexional de Santiago, onde obtivo unha mención honorífica. Discípula do pintor vigués Carlos Solá Mestre, quen tivo unha academia na pontevedresa rúa da Oliva, a revista Vida Gallega e o xornal Gaceta de Galicia dedicáronlle breves recordos, sendo das últimas referencias que hai sobre esta creadora tan nova.
Autoría: Etnoga
Descargar