Carolina Alavarría

S. XIX

Discípula da pintora Adela Ginés y Ortiz, participou na Exposición Nacional de Belas Artes de 1892 presentando dúas obras. Tamén colaborou coa Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra. A referencia a esta artista aparece recollida na obra do historiador Fernando Pereira Bueno A presenza das mulleres pintoras na arte galega: 1858-1936, quen remite a Couselo Bouzas. No Museo de Pontevedra consérvanse tres debuxos dela: “En el mercado”, con catro escenas a lapis; “Varios apuntes de Galicia”, con dúas acuarelas e tres carbóns; e unha acuarela titulada “Paisaje”.

Autoría: Etnoga

Biografía de Carolina Alavarría

Descargar

Biografías Relacionadas