Obdulia Prieto Nespereira

Malia ser natural de Ourense, a Coral Polifónica de Pontevedra interpretou varias das súas obras. Así o recolle en 1928 o diario La Zarpa nunha crónica que lle dedican á creadora. Ademais, ao ano seguinte, o alcalde pontevedrés Remigio Hevia Marinas encargoulle compoñer unha páxina musical para ser cantada no certame literario das festas de agosto. “Canto de Ourense”, “Saudade” e “Paisaxe”, inspirada nunha obra pictórica do seu irmán Julio, son os nomes dalgunhas das súas pezas. Obdulia foi discípula “predilecta” do compositor madrileño Conrado del Campo y Zabaleta.

Autoría: Etnoga

Biografía de Obdulia Prieto Nespereira

Descargar

Biografías Relacionadas