María del Carmen Portela Paz

Filla da mestra María del Carmen Paz Fernández e de Ramón Portela Orozco, María del Carmen Portela Paz foi alumna das pianistas pontevedresas Pilar Pardo Trapote e Florita Viñas e do andaluz Tomás Andrade de Silva, casado coa tamén pontevedresa Teresa Alonso Parada. En 1945 examinouse no Real Conservatorio de Música e Declamación e aos tres anos gañou o segundo premio Nacional de Piano da Sección Feminina. En 1957 gañou a cátedra de música na Escola Normal de Santiago, polo que abandonaría a súa carreira pianística pola docencia, na que estivo máis de 40 anos. A súa vocación pola música levouna a que se recoñeceran os estudos de música nas escolas normais e na creación da especialidade musical nos estudos de maxisterio. Foi a primeira muller do Departamento de Didáctica da Expresión Musical da Universidade de Santiago de Compostela.

Autoría: Etnoga

Biografía de María del Carmen Portela Paz

Descargar

Biografías Relacionadas