Balbanera Pérez Suárez

Estudou música na Sociedade Económica de Amigos do País. En 1888 acadou o primeiro premio no Certame Musical de Vigo pola “Berceuse” de Chopin, recibindo unha copa artística de prata cicelada. Ese mesmo ano tamén actuou nunha velada literario-musical no teatro do Liceo-Casino co obxecto de recadar fondo para as vítimas do Teatro Bacquet de Porto. Ademais, participou nun recital da Sociedade Recreo de Artesáns acompañando o barítono Víctor Mercadillo e a Felipa Villot. Malia ser natural de Compostela, cara a 1890 a familia de Balbanera aparece asentada en Pontevedra e residindo no número 3 da rúa do Comercio. Obrigada polas circunstancias e moitas ingratitudes, tal e como reflicte a prensa da época, Balbanera tivo que emigrar, falecendo en Buenos Aires en 1938.

Autoría: Etnoga

Biografía de Balbanera Pérez Suárez

Descargar

Biografías Relacionadas