- Biografía
- Audios
- Videos
Casar co avogado asturiano Francisco Antonio Riestra -senador e deputado a Cortes- levaría a se instalar en Pontevedra a Micaela López Fernández, parella que desenvolvería unha intensa vida cultural na cidade patrocinando mesmo, segundo defende Otero Urtaza, a creación en 1848 dun teatro público no seu domicilio da praza do Teucro con capacidade para 150 persoas. Micaela López de Riestra, nome que toma despois do matrimonio, asume en 1865 o cargo de presidenta da Asociación de Señoras da Casa Hospicio de Pontevedra.
Autora: Carme Vidal
Biografía de Micaela López Fernández
Descargar
Biografías Relacionadas