- Biografía
- Audios
- Videos
Coñecida como a ‘Marquesa Vermella’ polas súas ideas progresistas. Firme defensora dos dereitos das mulleres, destacou polo seu compromiso social e político.
Naceu no Castelo de Soutomaior, no seo dunha familia catalá, que se trasladou a Galiza cando a súa tía Zenobia Vinyals casou co VI Marqués de Mos e VIII de Soutomaior, propietario do mencionado castelo. A parella non tivo fillos e María ocupou ese espazo.
Asinou en ocasións como Marquesa de Ayerbe e María Lluría, foi unha adiantada ao seu tempo, a Real Academia Galega nomeouna académica correspondente en 1906.
Marquesa de Ayerbe, por matrimonio co marqués de Ayerbe, destacou como unha muller de grande cultura, que dominaba varias linguas. Participou activamente no ambiente cultural madrileño. Amiga persoal de Emilia Pardo Bazán, colaborou en diferentes publicacións de carácter cultural e feminista.
Despois de quedar viúva, casou co médico cubano Enrique Lluría en 1909. Convertida en propietaria do castelo á morte do seu tío, o matrimonio instalouse en Soutomaior e fundou o primeiro sanatorio de Galiza, que tivo moita sona, mais a fama do local como centro de reunión de altos cargos socialistas e a pertenza de María á Agrupación Feminista Socialista fixeron declinar a clientela. Arruinados, foron para Cuba. Morto o seu home en 1925, non se coñece con certeza o seu paradoiro.
Autoría: Etnoga
Descargar