Josefina Blanco Tejerina

Pontevedra é a cidade na que reside os últimos anos da súa vida Josefina Blanco Tejerina, unha das máis recoñecidas actrices de finais do século XIX e comezos do XX. Nacida en León, compartiu con Valle Inclán escenarios e proxectos teatrais mais, despois do casamento en 1907, ao tempo que o nome do escritor medra en círculos teatrais e literarios, o seu esmorece até que tres anos despois volve aparecer na interpretación de Cuento de abril na Arxentina, obra de grande éxito para a actriz mais tamén para o seu home, autor e director artístico.

En 1912 retírase de novo do teatro, coincidindo co seu traslado a terras galegas e o nacemento dos seus fillos. Malia se divorciaren en 1932, Josefina Blanco fíxose cargo do legado literario de Valle Inclán despois da súa morte e, no remate do levantamento militar, trasladou a súa residencia a Pontevedra, cidade na que viviu no Hotel Engracia e no domicilio da rúa Peregrina no que faleceu en 1957.

Autora: Carme Vidal

Esta biografía forma parte do catálogo da exposiciónDo Gris ao Violeta‘.

Biografía de Josefina Blanco Tejerina

Descargar

Biografías Relacionadas