Felisa Rosa Saz y Álvarez

Durante os primeiros anos do século XX exerceu como profesora de Labores e economía doméstica na Escola Normal de Mestras de Pontevedra.

En maio de 1926, xunto coas profesoras de Pontevedra Josefa Santos Méndez e Nemesia Parada Argibay, foi comisionada á Escola Normal de Mestres de Santiago para examinar de Ingreso, Labores e Economía Doméstica as alumnas matriculadas por libre, ata a creación en 1928 da Escola Normal de Mestras en Compostela.

En 1929 publicou Apuntes de economía doméstica para uso de las escuelas normales, obra de especial relevancia dada a falta de material pedagóxico destinado ao ensino desta materia, de carácter obrigatorio na formación das mestras.

Autora: Mª Xesús López Escudeiro

Biografía de Felisa Rosa Saz y Álvarez

Descargar

Biografías Relacionadas