Xeve, Pontevedra, 18/03/1905 - Vigo, 1994
  • Biografia
  • Audios
  • Videos

Aurora Argibay Iglesias, máis coñecida como Yoya, naceu o 18 de marzo de 1905 no lugar de Sobral. Filla dunha modista de Xeve, foi nai dunha cantante, dunha pintora e dun escritor. Dedicouse a coidar da familia e aos traballos domésticos, sendo recordada pola veciñanza como unha persoa bondadosa e caritativa. Comezou a pintar despois dos 65 anos, ao ver os cadros da súa filla Mercedes cando esta chegou de Buenos Aires. Pintou bodegóns e flores e amosoullos a uns amigos, que a animaron a seguir e a expoñer en Madrid. Pero ela preferiu que o “bautismo” fora en Galiza, dándose a coñecer a unha grande artista naif. Así, a primeira exposición que realizou foi en maio de 1973 na sala da Caixa de Aforros de Vigo, continuando despois por diversas vilas e cidades. Faleceu en 1994 aos 93 anos de idade.

Autoría: Etnoga