• Biografía
  • Audios
  • Videos

Cando os cívicos sacaron o pai da casa, Teresa botou a correr polo medio do monte e chegou ao cuartel do Campo da Feira antes que o camión. Levaran a Manuel Villaverde porque o confundiran con outro veciño de Mourente, José Villaverde Cendón, que estaba acusado de pertencer ao Partido Comunista.

Cando se deron conta do erro, Manuel quedou libre pero a súa filla Teresa aínda tivo que pasar pola anguria de non saber se o seu mozo, Manuel Castro Araújo, sobreviviría á guerra que tivo que facer, xunto co seu irmán Aurelio, nun bando que non se correspondía coas súas ideas. Ambos sobreviviron pero Manuel foi ferido e estivo durante anos coa metralla metida preto do ollo. Os dous irmáns traballaran na obra de teatro O Fidalgo, que a compañía Teatro Campesiño da Juventud de Mourente puxera en escena o 28 de xuño e o 5 de xullo de 1936 no local da Sociedade de Agricultores, incendiado polos golpistas o 10 de agosto. A peza representaba a loita do pobo contra o caciquismo e parte do elenco foi logo do golpe vítima da represión.

Esta é unha biografía resumida, a completa pódese encontrar no PDF descargable.

Autora: Montse Fajardo

Biografías Relacionadas
Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram
Share on email