Ponte Sampaio na web dogrisaovioleta.gal
Cartel do acto de presentación da web dogrisaovioleta.gal en Ponte Sampaio

Ponte Sampaio na web dogrisaovioleta.gal

Este sábado 16 de marzo, ás 19.00 horas, preséntase no Centro Cultural da parroquia de Ponte Sampaio a web dogrisaovioleta.gal

Baixo o título Ponte Sampaio na web dogrisaovioleta, o obxectivo deste acto é dar a coñecer a web á veciñanza da parroquia de Ponte Sampaio e tamén destacar toda a información que se recolle nela relativa á parroquia. Historias como a de Carmen Rey Freijanes, que se recolle na sección de Biografías, e que forma parte do grupo de mulleres loitou contra a draga instalada no río Verdugo e que destruía coa súa actividade a zona de cría para o marisqueo. Este conflito ten tamén un apartado específico na sección de Temas, onde se conta con maior detalle como se desenvolveron os acontecementos e cal foi a implicación das mulleres de Ponte Sampaio na defensa da parroquia. Outro dos Temas relacionados é o referido á fábrica de louza da Pontesa, aos traballos que se realizaban, a situación laboral das empregadas ou os conflitos e as reivindicacións posteriores ao seu peche.

Esta actividade forma parte dunha serie de actos que teñen como finalidade presentar a web nas diferentes parroquias do concello.

Comparte!

Deixa unha resposta