Zaraida Martínez Sanmartín

Arquitecta especializada en deseño e composición arquitectónica. Despois de 14 anos vivindo fóra (A Coruña, Barcelona, Madrid e Valencia), no 2020 volvín a Pontevedra, onde actualmente traballo como freelance. Gústame estar en constante formación e aprendizaxe, polo que aproveito todas as oportunidades que ofrece a cidade e a súa contorna para achegarme ás distintas ramas do deseño e da creatividade, coñecer o traballo doutras compañeiras, e ampliar a miña rede persoal e profesional.

Son afeccionada ó deporte, especialmente ao esquí e ao running. De todas as cidades nas que vivín, sempre me despedín participando nunha carreira popular (maratón, media ou triatlón), non só pola práctica deportiva, senón pola incrible e inusual experiencia de poder percorrer as rúas sendo protagonista única do espacio urbano, apreciando a esencia e carácter da cidade en toda a súa amplitude.

Biografía de Zaraida Martínez Sanmartín

Descargar

Biografías Relacionadas