María Domínguez

Pianista, investigadora artística, docente de música, xestora cultural, amante de aprender e unha profesional chea de ideas e creatividade. María Domínguez leva fronte ao piano desde nena e, a partir da súa formación inicial no Conservatorio de Ourense, foi desenvolvendo a súa carreira, como solista e con agrupacións orquestrais e de cámara, tanto en España como en centro Europa. Esta extensa traxectoria musical valeulle o recoñecemento e apoio de numerosas institucións como Via Zuid Talenmakelaar, Schiting Cultural Entrepreneurchip, Art Buro Limburg ou Peter de Grote Festival, entre outros.

Pontevedra converteuse nos últimos anos na miña segunda casa. Recoñézome como unha nomarada da súa xente, as súas tradicións, as súas rúas…. Cheguei para non marchar!

Biografía de María Domínguez

Descargar

Biografías Relacionadas