Andrea Muras Mora

Pontevedra, 1989

Investigadora que estuda o comportamento das bacterias para tratar de previr infeccións. Tamén traballa como divulgadora contando curiosidades científicas do noso día a día.

Síntome moi afortunada de terme criado en Pontevedra. Sen ningunha dúbida é unha cidade moi cómoda para vivir, que ten o tamaño xusto para poder ir camiñando a calquera sitio. Cando paseas polas súas rúas dáste de conta de que respírase cultura polos catro costados. Ademais, tamén é unha localidade apaixonada polo deporte. Sempre se están a celebrar diferentes eventos deportivos durante todo o ano. A min encantaríame poder facer un evento de divulgación científica na miña cidade e que a cidadanía se implicase tanto como fai cos deportes e a cultura. Que fora unha cita esperada pola xente para poder desfrutar da ciencia na súa forma máis informal e entretida. Porque dentro da cultura científica caben tantos saberes que é imposible que non che guste ningún.

Biografía de Andrea Muras Mora

Descargar

Biografías Relacionadas