María Jesús Romero Brañas
María Jesús Romero Brañas.
Biografía

María Jesús Romero Brañas

Converteuse por casualidade na primeira muller vocalista de orquestra nun tempo, os anos finais da década dos 50, en que subir aos palcos das verbenas era, como o coñac Soberano, cousa de homes. A primeira vez que actuou en público foi nunha homenaxe que se lle facía aos bombeiros no Teatro Malvar.

Dolores Trabado
Dolores Trabado.
Biografía

Dolores Trabado

A decana das taxistas. Tiña carné de conducir desde 1923, cando había 1417 na provincia de Pontevedra e ela era a única muller que o tiña...

Ernestina Otero
Ernestina Otero.
Biografía

Ernestina Otero Sestelo

Ernestina Otelo Sestelo dedicou a súa vida a formarse como profesora e a compartir co seu alumnado a súa paixón polo ensino. Firme defensora dun modelo educativo renovador e dos dereitos da muller, a súa vida divídese entre os moitos logros profesionais alcanzados durante a II República...

María Luísa Olañeta
María Luísa Olañeta.
Biografía

María Luísa Olañeta Barros

Sesenta e tres anos vendendo lamberetadas a xeracións e xeracións de crianzas pontevedresas. María a do Carrillo é moito máis ca unha faciana do noso comercio, foi unha cómplice para esa rapazada que...

Dolores Calviño
Dolores Calviño.
Biografía

Dolores Calviño

Dolores Calviño foi a Señora Lola. Dicir iso en Pontevedra é moito dicir. É falar dunha paixón, pero tamén dunha devoción, e dun traballo escuro, aínda que ela sempre buscaba luminosidade nas roupas daqueles que tanto quixo, os xogadores do Pontevedra C.F...

Clara López Santiago
Clara López Santiago.
Biografía

Clara López Santiago

Almacenes Clarita. ‘Las tiendas de todo para todo’. É un dos ‘mantras’ da memoria colectiva desta cidade. Polo megáfono de Pasarón soa ese lema desde quen sabe cando...

Carmen Durán Constenla
Carmen Durán Constenla.
Biografía

Carmen Durán Constenla

De nena axudaba a súa nai, Paca, a carrexar as cestas dos vexetais que vendía na Praza da Verdura. Desde a rúa de San Román, onde vivía, ía lavar ao río coa tina na cabeza...

Final do contido

Non hai máis páxinas por cargar