Amelia e Carmen Ferreira
Amelia Ferreira, á dereita, e a nai, Carmen.
Biografía

Amelia Ferreira Peón

Nada dez anos antes do golpe de Estado, Amelia Ferreira Peón ben sabe o que é traballar arreo e aínda así pasar fame. Á carestía de moitas crianzas de posguerra engadíase, no seu caso, a pertenza a unha familia de esquerdas...

Julita, da polbeira Fidel, de nena a preparar o polbo.
Julita, da polbeira Fidel, de nena a preparar o polbo.

De feira coa polbeira Fidel

O polbo ten na cidade de Pontevedra, entre outros, un referente recoñecido: a polbeira Fidel. Naturais de Ourense, a familia instalouse en Marín cando foi do tempo da guerra e desde alí comezaría a súa actividade na arte do cociñado e venda do polbo. O matrimonio e as súas tres fillas (Sira, Olga e Julita) puxeron en marcha un negocio do que aínda hoxe se garda memoria entre a veciñanza pontevedresa.

Rosa Malvar Sanmartín, Rosa de Mirón
Rosa Malvar Sanmartín, Rosa de Mirón
Biografía

Rosa Malvar Sanmartín

Filla de Rosario Malvar Sanmartín, Rosa comezou vendendo rosquillas e licores nas feiras coa nai. De nova aprendeu a coser e andou de costureira polas casas, mais un día, aos 30 anos, no camiño de volta...

Rosa Tilve Varela
Rosa Tilve Varela.
Biografía

Rosa Tilve Varela

Cando tiña 11 anos Rosa deixou o seu primeiro emprego. Non aguantaba tanto traballo como se lle pedía no Pazo de Gondar, en Santa María de Xeve, onde se encargaba de muxir as vacas...

Segunda Torres García
Segunda Torres García.
Biografía

Segunda Torres García

Cando foi moza pasou “moi mala vida”. Filla de Matilde García Ruibal, andou desde moi nova ao xornal e traballou para a Deputación na repoboación do monte e na construción de pistas e...

Obradoiro de costura
Obradoiro de casa de costura en Pontevedra.

Costureiras

As costureiras da segunda metade do século XX afástanse moito das descritas nas cantigas do “Cancioneiro da agulla” e que resume na introdución o compilador Armando Cotarelo Valledor*: “Segundo é de supoñer, xastres e costureiras cadran…

Carme
Carme
Biografía

Carmen Tilve Guiance

Carmen tivo que “atender a todo”. Naceu en 1942 en Santa María de Xeve e pronto quedou orfa de nai, a cargo da súa avoa, quen precisaba do seu traballo para manter a casa...

Milagros Crespo Boga
Milagros Crespo Boga.
Biografía

Milagros Crespo Boga

Milagros aprendeu a coser coa súa nai, Marina. Erguíanse xuntas e comezaban a coser ás seis da mañá. Ás sete facían un descanso, comían un anaco de pan de millo, “poñían unha copiña de augardente encima”...

Matilde García Ruibal e o seu marido
Matilde García Ruibal e o seu marido.
Biografía

Matilde García Ruibal

Cando ela tiña 16 anos a nai faleceu e o pai marchou para América, deixando tras de si a descendencia e múltiples débedas que nunca saldou. Ela, Matilde, que non fora á escola, comezou ben cedo a traballar como xornaleira...

Cesárea Iglesias Blanco
Cesárea Iglesias Blanco repartindo o pan en Verducido.
Biografía

Cesárea Iglesias Blanco

Cesárea era moi coñecida pola veciñanza de Santo André e Santa María de Xeve e Campo Lameiro, onde durante moitos anos fixo a repartición...

Final do contido

Non hai máis páxinas por cargar