Rosa Malvar Sanmartín, Rosa de Mirón
Rosa Malvar Sanmartín, Rosa de Mirón
Biografía

Rosa Malvar Sanmartín

Filla de Rosario Malvar Sanmartín, Rosa comezou vendendo rosquillas e licores nas feiras coa nai. De nova aprendeu a coser e andou de costureira polas casas, mais un día, aos 30 anos, no camiño de volta...

Rosa Tilve Varela
Rosa Tilve Varela.
Biografía

Rosa Tilve Varela

Cando tiña 11 anos Rosa deixou o seu primeiro emprego. Non aguantaba tanto traballo como se lle pedía no Pazo de Gondar, en Santa María de Xeve, onde se encargaba de muxir as vacas...

Segunda Torres García
Segunda Torres García.
Biografía

Segunda Torres García

Cando foi moza pasou “moi mala vida”. Filla de Matilde García Ruibal, andou desde moi nova ao xornal e traballou para a Deputación na repoboación do monte e na construción de pistas e...

Nova sobre os boicots en Salcedo contra a Autoestrada do Atlántico
Nota en prensa sobre os boicots en Salcedo contra a Autoestrada do Atlántico en 1977.

As mulleres contra a autoestrada do Atlántico

Salcedo viviu durante os anos 70 un dos episodios máis relevantes da súa historia, un episodio gardado aínda hoxe na memoria dos veciños e das veciñas protagonistas, e non protagonistas. Quen coñeceu esta parroquia descríbea como…

Obradoiro de costura
Obradoiro de casa de costura en Pontevedra.

Costureiras

As costureiras da segunda metade do século XX afástanse moito das descritas nas cantigas do “Cancioneiro da agulla” e que resume na introdución o compilador Armando Cotarelo Valledor*: “Segundo é de supoñer, xastres e costureiras cadran…

Carme
Carme
Biografía

Carmen Tilve Guiance

Carmen tivo que “atender a todo”. Naceu en 1942 en Santa María de Xeve e pronto quedou orfa de nai, a cargo da súa avoa, quen precisaba do seu traballo para manter a casa...

Milagros Crespo Boga
Milagros Crespo Boga.
Biografía

Milagros Crespo Boga

Milagros aprendeu a coser coa súa nai, Marina. Erguíanse xuntas e comezaban a coser ás seis da mañá. Ás sete facían un descanso, comían un anaco de pan de millo, “poñían unha copiña de augardente encima”...

Matilde García Ruibal e o seu marido
Matilde García Ruibal e o seu marido.
Biografía

Matilde García Ruibal

Cando ela tiña 16 anos a nai faleceu e o pai marchou para América, deixando tras de si a descendencia e múltiples débedas que nunca saldou. Ela, Matilde, que non fora á escola, comezou ben cedo a traballar como xornaleira...

Cesárea Iglesias Blanco
Cesárea Iglesias Blanco repartindo o pan en Verducido.
Biografía

Cesárea Iglesias Blanco

Cesárea era moi coñecida pola veciñanza de Santo André e Santa María de Xeve e Campo Lameiro, onde durante moitos anos fixo a repartición...

Eliodora Iglesias Blanco (1ª pola esq, na fila de atrás). Leva uns brincos de ouro que mercou con moito esforzo e que nunca volveu quitar
Eliodora Iglesias Blanco (1ª pola esq, na fila de atrás). Leva uns pendentes de ouro que mercou con moito esforzo e que nunca volveu quitar.
Biografía

Eliodora Iglesias Blanco

Eliodora traballou para a Deputación de Pontevedra no coidado do monte que fora comunal e expropiara o réxime franquista na década dos 50.

Final do contido

Non hai máis páxinas por cargar