Raimunda Lusquiños
Raimunda Lusquiños retratada por Ramón Leiro para La Voz de Galicia, en 2012.
Biografía

Raimunda Lusquiños Abal

"Rayda" iniciouse coa sociedade polifónica en Pontevedra, acadando despois unha bolsa da Deputación para estudar no Conservatorio de Madrid. Finalizou a carreira en 1955 e completou...

Marthe Lémann
A pianista Marthe Lémann, retratada na revista Vida Gallega, en 1919.
Biografía

Marthe Lémann

Marthe Lémann foi unha destacada pianista francesa que veu a Pontevedra da man do violinista Manuel Quiroga Losada, con quen casou en París o 21 de xullo de 1915...

sen imaxe
sen imaxe
Biografía

Florentina Lariño Vilas

Florentina era natural da Guarda e filla dun tenente de infantería. En 1927 acadou o título de profesora de piano no Real Conservatorio de Música de Madrid, impartindo despois leccións particulares...

Nova sobre a exposición de Jovita Iglesias
Nota en El Pueblo Gallego sobre a exposición Así es Galicia de Jovita Iglesias Canda e Agustín Bethencourt, en Madrid, en 1969.
Biografía

Jovita Canda Iglesias

Xunto ao seu home, Agustín Bethencourt, dirixiu en Pontevedra un grupo de ballet. Ademais, a súa formación artística como pintora levouna a expoñer en numerosas salas do país. Na actualidade, segue residindo na vila do Lérez.

sen imaxe
sen imaxe
Biografía

Felipa Genovés Villot

En 1880 foi unha das cantantes das actuacións da Exposición Rexional de Pontevedra. Tamén actuou acompañando á pianista María Rodríguez Aboal e con Víctor Mercadillo na presentación do instrumento coñecido como "vocalina".

sen imaxe
sen imaxe
Biografía

Dolores García Villar

Dolores García Villar estudou piano na Sociedade Económica de Santiago, acadando unha medalla de ouro no curso 1884-85. No ano 1913 a prensa xa fala dela como unha distinguida pianista, que ademais impartía aulas particulares...

Final do contido

Non hai máis páxinas por cargar