Roteiro da Moureira. O río, o mar e as mulleres

A Moureira nace extra muros, como arrabalde da vella Pontevedra. Situada na beira do río Lérez abrangue da Ponte do Burgo até o muíño de Peilán, na desembocadura do río Gafos. Tivo o seu momento de esplendor durante os séculos XV e XVI. Froito da riqueza xerada pola pesca e o comercio, o podente gremio de mareantes patrocina a construción da igrexa de Santa María, hoxe un dos símbolos da cidade.

O florecente barrio mariñeiro foi perdendo pulo co paso dos séculos debido á peste, á perda de calado das súas augas e ao desenvolvemento da propia vila. Producíronse varios ensanches que foron comendo sitio ao Lérez, e mudando a fisionomía desta ribeira desde inicios do século XX.

Este roteiro percorre a historia das tres Moureiras a través dun paseo polos principais oficios das súas mulleres.

Autoría: Etnoga

[Ver en pantalla completa] [Ver versión sen audios en Google Maps]