Obxectivos

Obxectivos do programa A memoria das mulleres

Ao longo de cinco anos de andaina desenvolvéronse diferentes liñas de actuación centradas nos seguintes obxectivos:

  • Contribuír ao coñecemento e difusión da historia das mulleres no ámbito territorial do concello de Pontevedra.
  • Elaborar un fondo documental, gráfico e audiovisual que sexa útil para a información, a consulta e a investigación sobre a materia.
  • Elaborar unha enciclopedia virtual sobre as vidas das mulleres do noso concello ao longo dos tempos, procurando a visibilización das mulleres en xeral e atendendo de modo específico ás clases traballadoras.
  • Promover a participación dos centros educativos no estudo e divulgación sobre as mulleres na historia de Pontevedra.
  • Colaborar con todos os axentes sociais que traballan neste eido.
  • Empregar as tecnoloxías da comunicación para divulgar os materiais e recursos dispoñíbeis.