Santa María de Xeve na web dogrisaovioleta
Cartel do acto Santa María de Xeve na web dogrisaovioleta

Santa María de Xeve na web dogrisaovioleta

O sábado 30 de marzo ás 19.00 horas preséntase na Casa da Cultura de Santa María de Xeve a web dogrisaovioleta.gal

Santa María de Xeve na web dogrisaovioleta fará un repaso pola historia recente da parroquia desde a perspectiva das súas veciñas recollida na web, das que destacan as biografías de mulleres traballadoras como Rosa Tilve Varela, Segunda Torres García, Carmen Tilve Guiance, Milagros Crespo Boga, Matilde García Ruibal, Cesárea e Eliodora Iglesias Blanco, Dolores Gómez Abilleira ou Aurelia Blanco Blanco; os temas relacionados con oficios como os de Muiñeiras ou Augardenteiras; a participación destas veciñas en conflitos como o que tivo lugar durante o franquismo despois de que a a administración se apropiase do monte comunal;  os actos de homenaxe celebrados na parroquia ou mesmo os programas de radio emitidos sobre ela e as súas veciñas.

O obxectivo desta actividade é, por un lado, dar a coñecer a web e os seus contidos á veciñanza das parroquias e, por outro, destacar toda a información que se recolle na web relativa a cada unha delas.

Comparte!

Deixa unha resposta