Pontevedra dedica o II Simposio A Memoria das mulleres á “escola represaliada e resistente”
Programa do simposio.

Pontevedra dedica o II Simposio A Memoria das mulleres á “escola represaliada e resistente”

O II Simposio A memoria das mulleres, organizado polo Concello de Pontevedra, estará dedicado á “escola represaliada e resistente” e contará con homenaxes, presentacións e conferencias ao redor das mulleres e a educación, especialmente durante o franquismo. O simposio celebrarase entre o 29 e 31 de maio. O 29 farase unha homenaxe a Ernestina Otero Sestelo, directora da Escola Normal de Maxisterio de Pontevedra, diante do antigo edificio da Escola Normal, e os días 30 e 31 de maio celebrarase na Casa das Campás, onde participarán investigadores como Anxo Porto, Raquel Vázquez Ramil, Xosé Manuel Cid, Xosé Álvarez Castro e María Victoria Martíns.

Comparte!

Deixa unha resposta