Pontevedra contará cun mural para homenaxear as mulleres do Concello

  • Categoría da entrada:Novas
  • Comentarios da entrada:Sen comentarios

O Concello de Pontevedra está a traballar na elaboración dun mural para lembrar as mulleres da súa historia. Esta actividade enmárcase dentro do programa A Memoria das Mulleres e ten como obxectivo, ademais de recoñecer o papel das mulleres do concello ao longo da historia, ser un proxecto de pedagoxía social, que se poida utilizar para aprender, coñecer e divulgar a historia das mulleres da cidade, desde a almiranta Isabel Barreto a outras máis actuais como Nené González.

O mural, que conta con 35 metros de ancho por 4 metros de alto, estará situado na confluencia das rúas Joaquín Costa e Poza dos Canos, nas inmediacións do parque Amalia Álvarez. Na súa construción participan as empresas Rei Zentolo e Polo Correo do Vento.

A inauguración do mural está prevista para este mes de xuño.

Deixa unha resposta