Homenaxe ás vitimas do 12 de novembro

  • Categoría da entrada:Novas
  • Comentarios da entrada:Sen comentarios

Un ano máis, as vítimas do 12 de novembro e as súas familias recibiron unha sentida homenaxe ante o monumento situado na Pasarela.

Este ano quixemos facer unha mención especial a dúas orfas do 12 de novembro de 1936: Fina Paz e Aurora Adrio. As dúas perderon o seu pai nese día e as dúas mantiveron ata a actualidade un compromiso inquebrantable coa memoria, pese a todos os saqueos e os sufrimentos vividos nos anos posteriores.

Pero as súas lembranzas e as súas reivindicacións non foron solo para os seus pais e os seus familiares directos afectados pola barbarie, senón que pediron sempre recordo, memoria e xustiza para todos os asasinados nos anos do terror e para as súas familias.

A concelleira Anxos Riveiro Portela, o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e a xornalista e escritora Montse Fajardo Pérez foron os encargados de poñer voz a unha sentida homenaxe na que se lembraron todos os asasinados por defender o progreso do seu país.

Deixa unha resposta