Espazo público

A presenza das mulleres nos espazos públicos do Concello de Pontevedra visibilízase ao lle dar nome ás rúas, ás prazas, na sinaléctica; faise arte nos murais da cidade e cobran vida nos roteiros guiados.

Muller e espazo público

Un dos obxectivos do programa é que as mulleres conquisten o espazo público, do que estiveron historicamente relegadas. Unha das formas máis evidentes de exclusión é o carácter patriarcal e clasista da denominación de rúas, prazas ou edificios. E tamén a discriminación das mulleres na sinalética urbana e nas homenaxes escultóricas, nas que raramente aparece con nome propio.

A presenza de nomes femininos na denominación de vías e outros espazos públicos é absolutamente minoritaria en relación cos nomes de homes; mais o labor de estudo e divulgación sobre a historia das mulleres de Pontevedra realizado nos últimos anos fornece unha ampla conxunto de nomes que deben ser obxecto de recoñecemento.

Accións de recoñecemento

Nomes de espazos públicos, placas, roteiros e actividades

As accións de recoñecemento teñen como finalidade situar as mulleres -con nome propio e con información sobre as súas achegas á mellora da cidade e da sociedade- nos espazos públicos. Para avanzar neste camiño de empoderamento, desenvólvense entre outras as seguintes liñas de traballo:

  • Emprego de nomes de mulleres para a denominación de espazos públicos: vías urbanas, prazas, parques e edificios públicos (centros de ensino, centros de investigación, bibliotecas…).
  • Colocación de rótulos, placas conmemorativas e esculturas que salienten o protagonismo individual e colectivo das mulleres na historia da cidade.
  • Organización de roteiros urbanos centrados na historia e na memoria das mulleres.
  • Realización de murais e outras intervencións artísticas.
  • Organización de actividades divulgativas (publicacións, conferencias, exposicións…), prestando especial atención aos centros educativos.

Mapa de accións realizadas no espazo público

 

Redeiras da Moureira

Roteiro Pontevedra en feminino

Percorrido pola historia de Pontevedra, con lentes de xénero. Os edificios, as rúas, as prazas dan conta da evolución da sociedade e do papel que desempeñaba a muller en cada época. Coa lembranza

Ver o mapa »