Segunda Torres García

Cando foi moza pasou “moi mala vida”. Filla de Matilde García Ruibal, andou desde moi nova ao xornal e traballou para a Deputación na repoboación do monte e na construción de pistas e cortalumes: coas mans, sen máquinas, co picachón e o martelo como única ferramenta; sen luvas. Unha época dura pero que segundo medraba foi sendo mellor pois tamén o pasaba ben nas festas improvisadas dos descansos para o xantar cos compañeiros do monte. Co tempo casou, tivo unha filla, marchou a Madrid e á volta aprendeu o que sería o seu oficio máis estable: pantaloneira durante 26 anos.

Autoría: MAOS Innovación Social

Biografía de Segunda Torres García

Descargar

Biografías Relacionadas