Rosa Tilve Varela

Cando tiña 11 anos Rosa deixou o seu primeiro emprego. Non aguantaba tanto traballo como se lle pedía no Pazo de Gondar, en Santa María de Xeve, onde se encargaba de muxir as vacas, coidar os animais, ír á leña, limpar as herbas dos camiños…“moito para unha nena”. Axudou entón á economía familiar indo a Marín a polo peixe xunto co irmán maior e unha veciña. Na cabeza, levaban patacas, millo… o que fose para cambiar polo peixe que a nai levaría a Amil, Moraña, para de novo cambiar por máis comida… Rosa vivía e facía posible o ciclo do troco. Co tempo foi nai solteira e criou soa ao fillo xa que o pai marchou con outra que tiña máis “capital”.

Autoría: MAOS Innovación Social

Biografía de Rosa Tilve Varela

Descargar

Biografías Relacionadas