• Biografia
  • Audios
  • Videos

Cando ela tiña 16 anos a nai faleceu e o pai marchou para América, deixando tras de si a descendencia e múltiples débedas que nunca saldou. Ela, Matilde, que non fora á escola, comezou ben cedo a traballar como xornaleira nas casas de Santa María de Xeve para poder matar a fame.

Sendo moza namorou dun rapaz de casa rica da parroquia e, malia a oposición familiar, casou con ese home, co que tivo dúas fillas, Segunda e Lola. O marido canteiro, botaba moito tempo traballando fóra da casa, polo que ela “levaba o peso da vida” e traballaba ademais facendo “morrillo” na canteira do monte da Esculca, en Salcedo. “ A vida dela foi traballar e tirar para adiante de todos nós”, sabe a súa filla Lola.

Autoría: MAOS Innovación Social

Biografías relacionadas