Eliodora Iglesias Blanco

Eliodora traballou para a Deputación de Pontevedra no coidado do monte que fora comunal e expropiara o réxime franquista na década dos 50, abolindo a propiedade comunal desas terras e prohibindo os usos tradicionais asociados a elas como o pasto ou ser fonte de toxo ou madeira e piñas para o lume.

As mulleres, tradicionalmente encargadas do mantemento da casa entendida como unidade de produción, e polo tanto moi ligadas á explotación do monte, foron botadas deste seu espazo. Con todo, algunhas delas, como o caso de Eliodora, foron rescatadas como man de obra para facer as plantacións de piñeiros e eucaliptos, realizar as limpezas, preparar contralumes ou mesmo construír estradas, “todo a man, picando co pico, quitando pedras, puxando por elas e cargando carretas”, lembra a súa filla Isabel.

O monte levaba boa parte do seu esforzo xa que traballaba de nove a unha e de tres a seis, pero é que ademais, o monte ficaba a dez quilómetros da súa casa polo que tiña un camiño longo de ida e volta, que levaba mellor grazas á compañía da súa irmá e dun burro. Ao retornar, despois da xornada laboral, Eliodora tiña que facer as cousas da casa, lavar a roupa, moer… todo para manter a súa familia.

Autoría: MaOs Innovación Social

Biografía de Eliodora Iglesias Blanco

Descargar

Biografías Relacionadas