Canto da Area, 1934 - Mariscadoras de Lourizán
  • Biografia
  • Audios
  • Videos

Dolores Rosales Pazos foi á escola á capela de Canto da Area e aos catorce anos comezou a traballar na conserveira A Invencible, até cumprir dezasete, cando a fábrica deixou de comprar marisco pola chegada de Celulosas á ría. Unha ría da que garda boa memoria da súa riqueza para o marisqueo e para a pesca.

Despois diso, Dolores compaxinou o traballo das bateas coa ribeira, onde traballou até os 65 anos, e aínda lle quedaba tempo para o campo, e para o canto.