• Biografia
  • Audios
  • Videos

Dolores Gómez Abilleira naceu en 1882 en Santa María de Xeve no seo dunha familia acomodada. Sendo solteira emigrou a Montevideo, onde traballou no servizo doméstico, e seguiu sumando fortuna para a economía familiar.

Xa de volta en Santa María de Xeve, arranxou un matrimonio de conveniencia cun veciño da parroquia, movida polo desexo de ter descendencia e asegurar as súas pertenzas. O matrimonio non funcionou e desde moi pronto viviron separados, encargándose ela, coa axuda dunha irmá, do coidado do único fillo, froito desta unión interesada.

Co tempo, quixo marchar de novo a América pero o marido, debido á súa mala relación, non lle concedeu o permiso para emigrar, permiso que por aquel entón era obrigatorio para toda muller casada que quixese saír do país. Dolores non decaeu non seu intento e conseguiu embarcar de novo presentando os mesmos papeis cos que viaxara na primeira ocasión e onde figuraba como solteira.

Nos últimos anos viviu de novo na parroquia e xunto coa súa irmá actuaban como prestamistas na zona.

Autoría: MAOS Innovación Social