Os Fontáns (Santa María de Xeve), 1908- Pontevedra, 2005
  • Biografía
  • Audios (1)
  • Videos

Pandeireteira, estraperlista, nai dentro e fóra do matrimonio, cociñeira, labrega, queixeira, menciñeira, compañeira… “Ela facía de todo e todo o facía ben, incluso berrar”, era unha persoa “coa que non perdías o tempo nunca”.

Naceu en 1908 nos Fontáns, Santa María de Xeve, onde viviu a súa época “farrista”, acompañada dunha pandeireta e do verbo improvisado e retranqueiro que practicou durante toda a vida. Contan que aprendeu a tocar para facer máis “levadeiras” as viaxes de varios días xunto coa súa burra no tempo do estraperlo.

Tiña un carácter forte e decidido. Nunha ocasión, na festa de Moraña, a banda de música parou o concerto, porque Regina estaba ao pé do escenario, pandeireta en man, tocando e cantando. Cando ela rematou, retomaron o repertorio.

Autoría: MAOS Innovación Social | Esta biografía forma parte da Exposición ‘Do Gris Ao Violeta’

Esta é unha biografía resumida, a completa pódese encontrar no PDF descargable.

Biografías Relacionadas
Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram
Share on email