1870-1963
  • Biografia
  • Audios
  • Videos

Natural de Salcedo, foi nai solteira de dous fillos —Felisa e Benito— que criou en solitario tras emigrar o seu mozo a Arxentina. Muller orgullosa, non quixo saber máis dos homes, preferiu valerse polos seus propios medios e rexeitou sempre calquera axuda económica que lle quixo mandar o pai dos seus fillos.

Compaxinou o oficio de costureira a domicilio co traballo do campo, o coidado dos animais, dos fillos e da casa. Coa súa máquina de maleta coseu para algunhas das familias máis importantes de Pontevedra.

Co estalido da Guerra Civil os fascistas quixérona represaliar, posiblemente por ser un perigoso exemplo como nai solteira e muller contestataria e autosuficiente, pero salvouse de ser rapada grazas á intervención dunha influínte clienta. Sempre fixo gala dun forte carácter, dunha saúde de ferro e dunha dignidade inquebrantable.

Autor: Rafael Quintía | Esta biografía forma parte da Exposición ‘Do Gris Ao Violeta’