Carmen Soto Farto

Carmen Soto foi mariscadora de profesión. A súa vida transcorreu sempre ligada á praia tanto que, de non ser porque súa nai marchou para a casa no momento certo, tería nacido no medio dos berberechos e das ameixas.

Natural dos Praceres, procede dunha familia de mariscadoras, de quen aprendeu o oficio desde os 9 anos. A súa foi unha infancia difícil, marcada pola fame e o traballo. Pasouna maiormente a mariscar, nunha praia que describe como un tesouro debido á súa riqueza.

Biografía de Carmen Soto Farto

Descargar

Biografías Relacionadas