Dolores López

Dolores López converteu a súa casa da Carballa en refuxio dunha cuadrilla de fuxidos de Salcedo, entre os que estaba Emilio Méndez Montes. A súa nai traballaba na mesma granxa que Dolores e pediulle que lle dera acubillo algunha noite, pero acabaron sendo anos nos que tamén prestou respaldo a outros compañeiros.

Unha noite houbo unha delación e fixeron unha redada na casa. Aínda que os homes lograron fuxir, souberon que os tiña alí pola louza que usaran momentos antes, durante a cea, e Dolores foi levada presa non sen antes pegarlle unha malleira no intento de que delatara algunha pista sobre o lugar onde se dirixían. Non o fixo e, a pesar de estar detida máis dun ano no cárcere da Audiencia, a súa casa seguiu sendo sempre o agocho de Emilio Méndez Montes, que mesmo chegou a ter unha criatura, Manuela, coa filla de Dolores, Juana Iglesias López. De feito, prendérono na súa casa, xa entrado 1942.

Dolores prestou apoio aos fuxidos republicanos a pesar de que un dos seus fillos era falanxista e de que a outro lle tocara loitar no bando golpista.

Autora: Montse Fajardo

O PDF que se pode descargar a seguir achega información sobre Dolores López.

Biografías Relacionadas