Saladina Riveiro Tomé

Saladina Riveiro Tomé foi unha das veciñas do Pazo, lugar da parroquia de Mourente, que os falanxistas subiron a un camión para levalas ao cuartel, onde foron sometidas á vexación da rapa. Como ela, a súa irmá, Pérsida Riveiro Tomé; a súa veciña Celia Reboredo, alcumada a Ghimarana; ou Argentina Villaverde, que no momento do golpe esperaba unha filla de Alfredo Oliveira, fusilado en Ferrol en outubro de 1936 polo seu apoio á II República.
A pesar da humillación, Saladina nunca cambiou de ideas e sempre se gabou de ser de esquerdas, aínda que mantivo a súa filla á marxe da ideoloxía que compartía co seu home, Inocente Filgueira, un albanel afiliado á UXT que estivo preso no penal de San Simón.

Cando quedou libre, Inocente casou con Saladina e traballou nas minas de Volframio. O irmán de Inocente, Eugenio, tamén casou cunha muller pertencente a unha familia represaliada. Maruja Ruibal era irmá de dous militantes do Partido Comunista, Pepe e Manuel Ruibal, que tamén estivo preso en San Simón.

Autora: Montse Fajardo

Esta é unha biografía resumida, a completa pódese encontrar no PDF descargable.

Biografías Relacionadas