Petra Calleja

Cando foi do golpe de Estado, o home de Petra, o socialista Mauro Caballero, habilitou un oco baixo a cociña da súa casa de Pontevedra e alí quedou dous anos. Os seus fillos Carlos e Federico, que naceran no tempo da emigración en Cuba, tiveron que volver ao seu país despois de que Carlos, que daquela tiña 32 anos, salvara a vida tras ser agochado por unha amizade, e Fico, de 26, lograra eludir as sacas nocturnas do frontón onde o meteron preso, grazas á súa nacionalidade cubana. A vida cambiara para toda a familia. Tamén o seu fillo Mauro estivo preso uns días acusado de comunista e Pepe viuse obrigado a alistarse no bando golpista, o contrario ás súas ideas, para morrer pouco despois de volver da fronte. A máis pequena era Margarita. No 36 tiña doce anos e tivo que deixar a escola durante dous para regresar despois a unha aula que nada tiña que ver coa republicana.

A pesar de toda a dor, Petra e o seu home amosaron a súa solidariedade criando como súa a Manuela, a máis pequena das fillas de Juan Manuel Gómez Corbacho e Elvira Lodeiro, asasinados polos golpistas en decembro de 1936.

Autora: Montse Fajardo

O PDF que se pode descargar a seguir achega información sobre Petra Calleja.

Biografías Relacionadas