Emma Mourón Álvarez

Emma Mourón Álvarez foi incluída polos franquistas na causa aberta a varias mulleres polo presunto intento de secuestro a esposas de militares para evitar o triunfo do golpe. O seu sobresemento non evitou que algunhas, entre elas Emma, estivesen no cárcere por detención gobernativa. Daquela o seu fillo pequeno, Carlos, apenas tiña uns meses e permaneceu con ela na cela ata que as irmás Aurora, Nicereta, María e Nieves Martínez, —alcumadas As Corseteiras por dedicárense á elaboración e venda desa prenda— obteñen a liberdade e levan o neno con elas para a casa. Criárono como se fose fillo seu e de feito, quedou con elas cando Emma conseguiu a liberdade.

Tampouco recuperou ao outro fillo, Manuel, nin as fillas, Pilar e Rosario, que se criaron con Benita e Peregrina García Filgueira, as irmás do seu pai. Manuel García Filgueira, que ocupaba a alcaldía no momento do golpe, permaneceu fuxido ata 1949, e entón foi condenado a 12 anos para posteriormente obter o indulto. Despois do paso polo cárcere, Emma traballou como cociñeira.

Autora: Montse Fajardo

Biografía de Emma Mourón Álvarez

Descargar

Biografías Relacionadas